lunes, 16 de febrero de 2009

Entroido

Bueno como sabeis llega el carnaval.

Si por algo se caracteriza Ourense es por tener uno de los mejores carnavales del mundo.
El triangulo Verin, Laza y Xinzo de Limia ofrecen durante un mes, una gran variedad de actividades de las que cualquier persona puede disfrutar.
Se trata de días de fiesta con bailes, comilonas, risas etc a las que todo el mundo está invitado. Existe una leyenda que dice que nadie se puede morir sin pasar alguna vez por el entroido de Verin.
Hay que ver con lo olvidada que está la provincia de Ourense y cuantas cosas tiene.
Así que ya sabeis que nadie se lo piense y a disfrutar del gran carnaval.
Por si os interesa aqui dejo una noticia del entroido de Verin.
Casa do Escudo de Verín acolle Entroidarte 2009, até o día 28 de febreiro
Verín, 11 de febreiro de 2009. A Casa do Escudo de Verín acolle, até o día 28 de febreiro, Entroidarte, unha mostra de artes plásticas sobre o tema Entroido organizada polo Concello de Verín e na que participan os seguintes pintores, escultores e fotógrafos vinculados á Eurocidade Chaves-Verín: Alvárias, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Flor Fernández, Gipso, Leonardo, Luis Somoza, Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Luís Pachón, Paco, Plácido L. Rodríguez, Rivada, Rojas, Toño Santamarina,Víctor Rodríguez e Xosé Lois Carreira (artistas da comarca de Verín) e Carneiro Rodrigues, Eurico Borges, María Priscila, Mario Lino e Nuno Duque (todos de Chaves -Portugal-).
Co cigarrón como protagonista dun bo número de obras, tanto en pintura como en escultura e fotografía, Entroidarte é un exemplo de pluralidade. A diversidade de estilos, técnicas, materiais e soportes que caracterizan á arte actual, está reflectida na forma e nos materiais cos que os artistas seleccionados tratan a temática do Entroido. Óleos, acrílicos, ceras ou pasteis, sobre lenzo, papel, aglomerado ou cartón pedra, forman parte da variedade de materiais e soportes utilizados polos pintores da mostra. En escultura, podemos encontrar tallas sobre madeira, ferro ou uso de materiais reciclados. Os fotógrafos preséntannos desde as técnicas máis tradicionais de revelado a instalacións nas que a imaxe impresa é un máis entre os elementos artísticos.
Entroidarte é a única exposición de artes plásticas que se organiza con carácter estábel sobre o tema Carnaval cando menos na Península Ibérica. A exposición clausurarase o sábado día 28 de febreiro, data á que se adianta o final do Entroido de Verín este ano, para evitar a coincidencia do Xantar da Piñata coa xornada das Eleccións ao Parlamento de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario